Mondoñedo estrea APP para informar aos veciños sobre as novas municipais

A veciñanza tamén poderá comunicar a través da aplicación as incidencias que se produzan na contorna

Presentación da APP. AXM

O goberno local de Mondoñedo anunciou a creación dunha aplicación (APP) para teléfonos móbiles tanto Android como iOs, que servirá para informar á veciñanza sobre as novas do eido municipal.

Mondoñedo Informa‘ está en marcha desde o pasado mércores, cun período de adaptación de contidos, que se irán actualizando pouco a pouco. Os usuarios recibirán avisos sobre cortes de luz ou tráfico, información da axenda cultural municipal e alertas.

Estes días, quenes descarguen a APP poderán estar ao tanto de todo o que ocorra nas San Lucas.

COMUNICAR AS INCIDENCIAS

A veciñanza tamén poderá participar activamente comunicando as incidencias que ocorran na contorna.

DESCARGAS

alcaldesa, a popular Elena Candia, e o concelleiro de educación, mocidade e novas tecnoloxías, Alberto García, presentaron a aplicación, que pode descargarse na Play Store de Google, buscándoa polo nome ‘Mondoñedo Informa’, e desde App Store co nome “bandomovil“.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here