IniciosociedadeBurela sae da alerta vermella; aumentan a 63 os ingresados na provincia,...

Burela sae da alerta vermella; aumentan a 63 os ingresados na provincia, 19 deles na Mariña

Viveiro e Cervo continúan no maior nivel de advertencia, mentres que O Valadouro e Foz mantéñense en nivel 1 e en Xove normalízase a situación epidemiolóxica

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 1.148, 32 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 42 novos positivos por PCR.

Dos 1.148 contaxiados, 63 permanecen ingresados, cinco máis ca na anterior actualización. O Hospital Público da Mariña atende 19 pacientes con Covid-19, dous máis; o HULA, 37, entre eles os catro doentes da área lucense que requiren coidados intensivos; o centro hospitalario de Monforte coida de sete infectados, tres máis.

No histórico da provincia documéntanse 105 falecementos, 3.782 altas e 5.034 casos acumulados. Fixéronse 87.421 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas fixéronse 1.035 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipio, Burela sae da alerta vermella para situarse en nivel 2, con entre 14 e 21 casos novos nos últimos sete días; Cervo e Viveiro continúan no maior grao de advertencia, con máis de 21 positivos confirmados nese mesmo prazo; O Valadouro e Foz sitúanse en nivel 1, con entre 7 e 14 contaxios localizados nunha semana; e Xove volve a unha situación de normalidade.

En principio, segundo o apuntado o pasado luns pola Xunta de Galicia, as restricións -o peche da hostalería e o confinamento perimetral, entre outras- continuarán en 60 municipios galegos, entre eles Burela e Viveiro. Este martes reúnese o comité clínico.

OS POSITIVOS SEGUEN EN DESCENSO EN GALICIA

Os casos activos de Covid-19 seguen en descenso por terceira xornada consecutiva en Galicia, ata situarse en 9.952, que supoñen 63 menos que este luns, e baixan tamén a 383 os novos contaxios, deles 350 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, mentres que aumentan en 425 as altas con respecto a este luns.

En canto aos casos activos de coronavirus, descenden en todas as áreas sanitarias galegas salvo nas da Coruña e Cee, na que aumentan a 1.898 –11 máis que este luns– e na de Lugo, que rexistra 1.148 –32 máis–. Por contra, baixan os casos activos de Covid-19 nas áreas de Vigo, que conta con 2.455 –14 menos–; na de Pontevedra e O Salnés a 1.247 –sete menos–; a 1.170 na de Santiago e Barbanza –39 menos–; 1.021 na de Ourense –14 menos– e 1.013 na de Ferrol –32 menos–. Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...