IniciosociedadePrimeiras altas, as de tres maiores e unha obreira, na residencia de...

Primeiras altas, as de tres maiores e unha obreira, na residencia de Cervo

O número de positivos no xeriátrico de San Cibrao baixa a 46, 31 residentes e 15 traballadoras; sete dos usuarios permanecen ingresados no Hospital da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

Tres usuarios e un traballador da residencia de San Cibrao, en Cervo, recibiron a alta epidemiolóxica, segundo concretou este xoves o Servizo Galego de Saúde (Sergas). Deste xeito, son 31 os residentes positivos e 15 as traballadoras que permanecen infectadas no centro de maiores, onde se localizou un brote de coronavirus que provocou seis mortes.

De acordo con Edad Dorada Mensajeros de la Paz, empresa concesionaria do servizo, de titularidade municipal, produciuse tamén unha alta hospitalaria durante a tarde deste xoves, polo que dos 31 residentes contaxiados sete permanecen ingresados no Hospital Público da Mariña.

Segundo concretan desde Mensajeros de la Paz, o pasado mércores fixéronse probas serolóxicas a seis persoas positivas que non padeceran sintomatoloxía. A empresa está á espera de que o persoal e os maiores negativos se sometan a probas a finais desta semana, así como a aqueles positivos que cumpriron as dúas semanas de illamento. Estes son os datos comunicados polo Sergas a nivel provincial:

MAIORES

31 Residencia San Cibrao (Cervo)

8 Vivenda Comunitaria Remaso de Paz (A Fonsagrada)

4 Residencia DomusVi Monforte

5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

17 Residencia Domusvi Bóveda

15 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

TRABALLADORES

1 Residencia Castro Ribeiras do Lea (Castro de Rei)
3 Residencia DomusVi Chantada

15 Residencia San Cibrao (Cervo)

2 Residencia San Salvador (Guntín)

1 Residencia A Veiga (Láncara)
1 Residencia A Milagrosa (Lugo)

1 Residencia Albertia Lugo
1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

1 Residencia Hogar San José (Monforte de Lemos)
5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
2 Residencia Nosa Señora do Carmen (Sober)

1 Residencia Meu Fogar (Taboada)

1 Residencia Concello de Trabada

2 Residencia DomusVi Viveiro  

7 Residencia Domusvi Bóveda
4 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

CENTROS EDUCATIVOS

No tocante aos centros educativos da comarca da Mariña, localizouse un novo caso, o terceiro no Ceip de Covas, sen que se producisen novas altas. Estes son os 29 positivos detectados:

BURELA E.I. Burela (Xunta) 1/1/0

RIBADEO E. I. Nosa Señora do Campo 1/1/0

BURELA CEIP Plurilingüe Vista Alegre 4/1/0
BURELA IES Monte Castelo 5/0/0
BURELA IES Perdouro 2/0/0

FOZ CEIP Plurilingüe de Foz nº 1 1/0/0
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 1/0/0

LOURENZÁ CEIP Juan Rey 1/0/0

RIBADEO CEIP Gregorio Sanz 1/0/0

VIVEIRO CEIP Plurilingüe de Covas 3/0/0 (un máis)
VIVEIRO CEP Lois Tobío 1/0/0
VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 1/0/0
VIVEIRO EEI San Roque 1/0/0
VIVEIRO IES Vilar Ponte 1/0/0

XOVE CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán 3/2/0
XOVE IES Illa de Sarón 2/0/0

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...