IniciosociedadeBurela volve á alerta laranxa e Viveiro mantense no nivel 1 no...

Burela volve á alerta laranxa e Viveiro mantense no nivel 1 no día no que a Xunta decide sobre as restricións

O número de positivos na provincia ascende a 1.071 tras confirmarse 55 casos nas últimas horas; o Hospital da Mariña atende 14 dos 59 ingresados na área lucense

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 1.071, 29 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse un total de 55 positivos novos, de acordo coa mesma fonte. Ademais, rexistráronse catro novos falecementos, entre eles o dunha usuaria da residencia de San Cibrao.

Dos 1.071 contaxiados, 59 permanecen ingresados. O Hospital Público da Mariña atende 14 pacientes con Covid-19; 39 o HULA, entre eles os seis da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos; seis o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documéntanse 114 falecementos, 4.301 altas e 5.486 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 93.491 PCR, o que implica que se efectuaron 822 probas desde a anterior actualización.

No tocante á situación epidemiolóxica, Burela volve a alerta laranxa, con entre 14 e 21 positivos confirmados nos últimos sete días. En aviso de nivel 1 permanecen, con entre sete e 14 casos novos nese mesmo prazo, Viveiro, Xove, Cervo, Foz e Ribadeo. Este martes reúnese o comité clínico a fin de que a Xunta de Galicia decida se levanta ou mantén as restricións adoptadas desde o pasado 6 de novembro en 60 municipios galegos, entre eles o burelao e o viveirense.

OS CASOS ACTIVOS CONTINÚAN A BAIXAR EN GALICIA

Os contaxios de Covid-19 seguen en descenso en Galicia tras sumar 409, deles 388 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, fronte aos 489 do luns. Tamén os casos activos baixan a 9.060, medio centenar menor que a xornada anterior. Le a información completa no Galicia Confidencial.

CENTROS EDUCATIVOS

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

RIBADEO E. I. Nosa Señora do Campo 2 1 0

BARREIROS CEIP San Miguel de Reinante Barreiros 1 0 0

BURELA CEIP Plurilingüe Vista Alegre 2 0 0
BURELA IES Monte Castelo 2 0 0
BURELA IES Perdouro 1 0 0

CERVO CEIP Península da Paz 1 1 0

FOZ CEIP Plurilingüe de Foz nº 1 2 0 0
FOZ CPR Plurilingüe Martínez Otero 1 0 0
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 1 0 0
FOZ IES de Foz 1 0 0

FOZ CEIP Fondo Nois 1 0 0

VIVEIRO CEIP Plurilingüe de Covas 2 0 0
VIVEIRO CEP Lois Tobío 1 0 0
VIVEIRO EEI San Roque 1 0 0
VIVEIRO IES Vilar Ponte 1 0 0
XOVE CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán 3 1 0

RESIDENCIAS

MAIORES

31 Residencia San Cibrao (Cervo)

8 Vivenda Comunitaria Remaso de Paz (A Fonsagrada)

10 Residencia San Salvador (Guntín)

4 Residencia DomusVi Monforte

2 Residencia de Monforte

14 Residencia Domusvi Bóveda (discapacidade)

15 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

TRABALLADORES

4 Residencia DomusVi Chantada

14 Residencia San Cibrao (Cervo)

5 Residencia San Salvador (Guntín)

1 Residencia A Veiga (Láncara)
1 Residencia A Milagrosa (Lugo)

1 Residencia Albertia Lugo

1 Residencia de As Gándaras (Lugo)
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)
1 Residencia Meu Fogar (Taboada)

1 Residencia Concello de Trabada

1 Residencia DomusVi Viveiro  

6 Residencia Domusvi Bóveda
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...