IniciosociedadeBurela volve á alerta vermella; Viveiro, Xove, Cervo, Foz e Ribadeo seguen...

Burela volve á alerta vermella; Viveiro, Xove, Cervo, Foz e Ribadeo seguen en nivel 1

Nas últimas horas confirmáronse na provincia 69 casos novos, para un total de 1.100; dos 59 ingresados da área lucense con Covid-19, o Hospital da Mariña coida de trece

Publicada o

- Advertisement -

A listaxe de municipios en alerta vermella pola incidencia do coronavirus na última semana baixa este mércores a 36, un menos que o martes, xornada respecto da cal se produce o ingreso no grupo de concellos en aviso máximo de Burela, Porto do Son e Nigrán e a saída de Vimianzo, Ordes, Tui e Salvaterra de Miño.

No municipio burelao confirmáronse máis de 21 novos casos nos últimos sete días. Cabe salientar que nas últimas horas trascenderon só 17 positivos no barco Adviento Uno, amarrado no porto burelao e coa tripulación confinada.

Pola súa banda, os concellos de Viveiro, Xove, Cervo, Foz e Ribadeo mantéñense no nivel 1 de alerta, con entre 7 e 14 positivos novos no mesmo prazo dunha semana.

Así figura no mapa ‘semáforo’ que cada día actualiza na súa páxina web a Consellería de Sanidade, no que as provincias da Coruña e Pontevedra acumulan o groso de localidades marcadas en vermello, pois só cinco dos 36 municipios sinalados nesta cor están en Lugo (4) e en Ourense (1).

115 FALECEMENTOS NA PROVINCIA DESDE O INICIO DA PANDEMIA

O número de casos activos de coronavirus na provincia ascende a 1.100, 29 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse un total de 69 positivos novos.

Dos 1.100 contaxiados, 59 permanecen ingresados. O HULA atende 39 pacientes, entre eles os cinco da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos; o Hospital Público da Mariña coida de trece doentes con Covid-19 e o centro hospitalario de Monforte de seis.

No histórico da provincia documéntanse 115 falecidos, despois dunha nova morte no HULA nas últimas horas, a dunha muller de 95 anos; ademais, 4.339 altas e 5.554 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse un total de 94.225 PCR, o que implica que na última xornada efectuáronse 734 probas.

501 POSITIVOS NOVOS EN GALICIA, PARA 9.051

Con respecto a Galicia, os positivos diarios remontan a 501 tras dispararse na área da Coruña. Os casos activos, con todo, descenden lixeiramente a 9.051. Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...