O goberno municipal de Viveiro levará ao pleno de decembro unha proposta para suspender durante o ano 2021 a aplicación das ordenanzas fiscais número 13, reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras e otros elementos análogos con finalidade lucrativa, e número 6, reguladora da taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas, declaracións responsables e no outorgamento de licenzas de actividade, apertura ou funcionamento.
Así o anunciou o executivo local a través dun comunicado de prensa, no que concreta que “segundo o Plan de Reactivación Económica acordado con Por Viveiro, o Concello xa acordara suspender a aplicación destas ordenanzas para o exercicio 2020, sendo esta unha medida que se quere aplicar tamén para o vindeiro ano“, a fin de “contribuír á recuperación do municipio”.
O goberno municipal engade que no acordo coa formación independente “xa se contemplaba a posibilidade dunha segunda fase. Agora, tras os rebrotes sufridos e as novas medidas e peches impostos, lévase ao pleno municipal este proposta que suporá unha nova axuda para o vindeiro 2021″, conclúe.