Traballadores do Xulgado da Primeira Instancia e Instrución número 2 de Viveiro, que ten atribuídas as competencias en materia de violencia de xénero, denuncian retrasos “que poderían chegar aos 18 meses” en litixios deste eido.
Marco López e David Díaz, que forman parte da Mesa Local de Coordinación Institucional fronte á Violencia de Xénero, critican que a Xunta de Galicia está a “excluír ás vilas galegas” do plan de actuación para a recuperación do traballo nos xulgados.
AS VILAS, “EXCLUÍDAS”
Este plan, pactado con tres dos sete sindicatos para axilizar as causas xudiciais acumuladas tras a folga de funcionarios da pasada primavera, conta cun orzamento “próximo aos tres millóns de euros”.
Sen embargo, a Xunta só iniciou o plan o pasado 15 de outubro, “con seis meses de retraso”, nas sete cidades galegas, sen que haxa unha data concreta de inicio para a súa aplicación nas vilas, o que diferenza “entre cidadáns de primeira e segunda”, advirten os funcionarios.
A XUNTA SÓ APLICOU UN PLAN PARA RECUPERAR O TRABALLO TRALA FOLGA SEIS MESES DESPOIS E NAS SETE CIDADES
Segundo os traballadores, esta “discriminación” do Goberno galego está a supoñer “consecuencias moi graves para o noso partido xudicial, que inclúe as localidades de Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela e Foz”.
Así, explican que o xulgado de Viveiro encargado da materia de violencia de xénero é “un dos máis afectados” polos atrasos, dado que os seus empregados secundaron “de forma total” a folga.
A tardanza en aplicar o programa comprometido pola Xunta está a agravar “unha enorme acumulación de asuntos”, subliñan.
CASOS
Os empregados explican que “a xurisdicción penal queda fóra desta situación debido á súa urxencia”, pero “non acontece así coa civil, na que se tramitan demandas de divorcio, separación ou medidas paternofiliais para desvincularse do agresor de xeito definitivo”.
As medidas civís que se establecen nun primeiro momento nos procesos penais teñen unha vixencia de 30 días.
A partir de entón, o Xulgado de Violencia sobre a Muller debe ratificar ou modificar estas primeiras medidas “e os asuntos acumúlanse” sobre situacións “tan importantes como a atribución do domicilio familiar, o rexime de custodia e visitas ou a pensión de alimentos a menores”.
OS DENUNCIANTES ADVIRTEN QUE “EN MOITOS CASOS, as crianzas SON QUEnes MÁIS PADECEN”
NENOS
Os denunciantes lembran que “neste tipo de casos, as crianzas son moitas veces quenes máis padecen” e esixen que a Xunta aplique o plan aprobado, que até o de agora foi “pura propaganda”, conclúen.