IniciosociedadeA alza de positivos continúa en Viveiro, con 238 casos novos en...

A alza de positivos continúa en Viveiro, con 238 casos novos en 14 días

A situación epidemiolóxica apenas varía en Xove, con 110 contaxios nese mesmo prazo; o Hospital da Mariña atende 14 pacientes con Covid-19

Publicada o

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo roza o milleiro de casos activos de coronavirus: son 992, 47 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 75 novos positivos a través de PCR.

Dos 945 contaxiados, 35 permanecen ingresados (+1). O Hospital da Mariña atende 14 pacientes con Covid-19, por 16 o HULA -os tres da área sanitaria en coidados intensivos- e cinco o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documentáronse 151 falecementos, 6.918 altas e 8.065 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 138.110 PCR, 963 probas desde a anterior actualización de datos.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, a alza dos positivos confirmados nos últimos 14 días continúa en Viveiro (238, +12 respecto ao anterior reconto), mentres que en Xove apenas varía, dos 113 comunicados onte aos 110 actuais. Ambos municipios manteñen as restricións máis altas entre as aplicadas desde a pasada medianoite pola Xunta de Galicia.

En Burela, os contaxios localizados nas últimas dúas semanas baixan a 50 (-2); en Ribadeo cóntanse 25 (seis máis) por 18 en Cervo (sen variacións). O resto dos municipios da Mariña teñen menos de dez casos detectados nese mesmo período; Lourenzá é o único concello da comarca libre de Covid-19.

RESIDENCIAS

MAIORES

36 Residencia da Pastoriza

3 Residencia de Maiores de Burela

12 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

2 Apartamentos Tutelados San Bartolomeu de Xove

18 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

19 Residencia da Pastoriza

1 Residencia de Burela

2 Domusvi Chantada

1 Residencia de Foz

1 Residencia Albertia Lugo

1 Domusvi Monforte

5 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Residencia de Trabada

1 Residencia Domusvi Viveiro

11 Residencia San Bartolomeu (Xove)

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...