IniciosociedadeDiminúe significativamente a incidencia en Viveiro, con 237 casos en 14 días

Diminúe significativamente a incidencia en Viveiro, con 237 casos en 14 días

O Hospital da Mariña atende 19 pacientes con coronavirus, dous máis ca onte. A presión asistencial aumenta en toda a provincia

Publicada o

- Advertisement -

A situación epidemiolóxica da área sanitaria de Lugo preocupa polo incremento continuo e elevado de casos, así como polo aumento da presión asistencial nos últimos días. Segundo o Sergas, nas últimas 24 horas confirmáronse 157 casos novos de coronavirus a través de PCR, trece menos ca un día antes. O total de casos activos sitúase nos 1.666 (+121 respecto de onte).

O dato máis desfavorable é, seguramente, o da presión hospitalaria, que non deixa de medrar. Este domingo 24 de xaneiro, os hospitais da provincia atenden 59 pacientes diagnosticados de Covid-19 (+7). En concreto, o HULA conta 24 en planta e once na UCI; o Hospital da Mariña, 19; o de Monforte, 4; e o Polusa, un.

Por outra banda, a provincia xa alcanzou os 160 falecementos relacionados coa pandemia logo de que Sanidade comunicara onte o deceso de dúas persoas (unha no Hospital da Mariña e outro no de Monforte). Ademais, dende o inicio da pandemia curáronse 7.398 persoas e realizáronse 148.962 PCR (1.848 delas onte).

SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA

No que respecta á situación epidemiolóxica por municipios, en Viveiro –onde a Xunta está a aplicar as máis altas restricións de Galicia– confirmáronse 237 positivos novos nas últimas dúas semanas, o que supón unha redución de vinte respecto de onte. Mentres, Xove mantense estable con 79 positivos. O Vicedo, pola súa parte, conta 29 contaxios (+1). Neste concello estase a realizar esta mañá un cribado masivo a asintomáticos. O número de veciños afectados en Cervo mingua a 17 (catro menos).

No que atinxe a Burela, descende o número de casos detectados nos últimos 14 días, ao pasar dos 52 de onte aos 49 dos que informa hoxe o Sergas. Fréase así o aumento que viña amosando nos días anteriores. Todos os municipios citados permanecen pechados perimetralmente.

En Foz confirmáronse doce positivos nese mesmo prazo e en Ribadeo 26 (un menos ca onte). Así mesmo, Ourol detectou unha decena de casos neste tempo. O resto dos municipios da Mariña están por debaixo dos dez contaxios, sendo Trabada o único libre de Covid-19.

GALICIA, POR RIBA DOS MIL INGRESOS

A comunidade galega volve bater as súas propias marcas e continúa cun ascenso preocupante de contaxios e casos activos. Ademais, supérase o limiar do milleiro de ingresados tras sumar case cen hospitalizacións nun só día. Todas as miradas están postas, de maneira especial, na área da Coruña, que ten xa case tantos casos activos como sumaba toda Galicia antes de Nadal. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...