IniciosociedadeMellora a situación epidemiolóxica en Viveiro, con 228 casos, e Xove, con...

Mellora a situación epidemiolóxica en Viveiro, con 228 casos, e Xove, con 77, e preocupa en Riotorto

O Concello riotortense pide á veciñanza que fique na casa despois de que se documentaran 13 contaxios nos últimos días; o Hospital da Mariña atende 18 pacientes con Covid-19

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 1.731, 65 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 111 positivos novos por PCR.

Dos 1.731 contaxiados, 64 permanecen ingresados. O Hospital da Mariña atende 18 pacientes con Covid-19, por 40 o HULA -entre eles os 14 da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos- e seis o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documéntanse 160 defuncións, 7.454 altas e 9.353 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 150.014 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 1.052 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, segue a melloría en Viveiro, onde se confirmaron 228 positivos nos últimos 14 días, nove menos ca os comunicados onte e 29 menos ca os contabilizados o pasado sábado. Neste concello aplícanse as máis altas restricións de Galicia. No que atinxe a Xove, o número de casos activos nas últimas dúas semanas segue tamén en descenso: son 77 (-2).

Vicedo, pola súa parte, conta 26 contaxios (-3), á espera do resultado do cribado masivo realizado o pasado domingo. O número de veciños afectados en Cervo aumenta a 18 (un máis). En Burela, igualmente pechado perimetralmente, localízanse 52 (+3) casos activos nos últimos 14 días.

No resto dos municipios da Mariña, Ribadeo conta 22 (-4) contaxios nas últimas dúas semanas, por doce de Foz. Preocupa Riotorto, onde a taxa de incidencia acumulada xa supera os 250 positivos por 100.000 residentes (trece casos). No concello riotortense o goberno local pediu aos veciños que non saian da casa agás polo necesario. En Ourol documéntanse dez casos. O resto dos termon municipais mariñaos contan menos de dez infeccións, e Trabada é o único libre de Covid-19.

GALICIA SUPERA O TOPE DE HOSPITALIZACIÓNS DESDE O INICIO DA PANDEMIA

En Galicia superouse o tope de hospitalizacións desde o inicio da pandemia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...