IniciosociedadeCatorce dos 15 tripulantes do Valle Fraga, con base en Burela, dan...

Catorce dos 15 tripulantes do Valle Fraga, con base en Burela, dan positivo por Covid-19

Os mariñeiros permanecían confinados desde que dous deles foran sometidos á proba de antíxenos

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) confirmou este venres que 14 dos 15 tripulantes do Valle Fraga, o palangreiro con porto base en Burela, deron positivo nas probas PCR de coronavirus.

Segundo concretou El Progreso, dous dos mariñeiros deran positivo no test de antíxenos, ao que foron sometidos tras presentaren síntomas ao volver o buque a porto despois de faenar, o que fixeron de xeito prematuro por mor dunha avaría. Os tripulantes permanecían desde entón confinados, uns no propio barco e outros fóra.

Trátase polo tanto dun novo abrocho nun pesqueiro da Mariña, logo de exemplos coma o do Punta dos Xuncos ou o Adviento Uno, que reflicte a incidencia da Covid-19 nas tripulacións de pesca unha vez hai un contaxiado a bordo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...