IniciosociedadeO alcalde de Burela urxe á Xunta a restituír a tempo completo...

O alcalde de Burela urxe á Xunta a restituír a tempo completo a quenda de tarde no centro de saúde

O rexedor denuncia que con consultas dous días á semana "e por tres horas" con "peonadas", os usuarios "perden moito tempo de ser citados"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, considera “unha mala noticia” a “supresión” dun médico de atención primaria no centro de saúde en horario de tarde. Como avanzou o Xornal da Mariña, estase a prestar ese servizo en quenda vespertina dous días á semana. O rexedor esixe ao Sergas o seu restablecemento o antes posible.

O rexedor burelao manifestou que “preocúpanos a perda dun médico de atención primaria de Burela que viña exercendo polas tardes. Desde as dúas da tarde ata as nove da noite había unha persoa atendendo, durante toda a semana, á xente que escollía ese horario. Agora non existe xa, de momento non se está exercendo ese servizo. Pénsase facer unhas peonadas durante dous días, os martes e os xoves, de tres horas, o cal limita moitísimo a oportunidade da xente de consulta. Iso non pode ser”, indicou.

Llano manifesta que “hai que ter en conta que agora mesmo, en plena pandemia e con esta ola que estamos padecendo, e xa desde sempre a atención primaria debe ter o suficiente persoal como para atender con todas as garantías á xente. Ademais había que ir pensando en recuperar a atención presencial dos pacientes e ir procurando que se vaia normalizando, pero hai que facelo coas condicións que se esixen, que é ter persoal suficiente para que faga as quendas suficientes tamén”, indica.

O alcalde considera que “é unha mala noticia que se suprima ese servizo e hai que recomendar ás autoridades sanitarias, e así o faremos, que recuperen inmediatamente e que se volva normalizar esta situación o antes posible”.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...