IniciosociedadeO PSdeG reclamará no Parlamento a recuperación da quenda de tarde no...

O PSdeG reclamará no Parlamento a recuperación da quenda de tarde no centro de saúde de Burela

Os socialistas critican que os usuarios do cupo "non foron informados" sobre "o recorte" e dubidan de que o Goberno autonómico teña "a intención" de manter o servizo a tempo completo

Publicada o

- Advertisement -

A secretaria provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e deputada autonómica, Patricia Otero, anunciou este mércores que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar á Xunta de Galicia, que dirixe Alberto Núñez Feijóo, que “recupere de xeito urxente” o servizo de atención médica do centro de saúde de Burela, onde se viu reducida a dous días de semana a quenda de tarde.

Otero denuncia que “actualmente este servicio de atención médica no turno de tarde reduciuse, e só se presta de martes a xoves durante tres horas. Trala baixa dun facultativo no horario de mañá, cubriuse a quenda matinal á costa da vespertina cos conseguintes recortes para os seus usuarios”, lamentou.

A dirixente socialista lembra que “en xaneiro de 2020 o Servizo Galego de Saúde (Sergas) anunciaba que o centro de saúde de Burela tamén abriría e pasaríanse consultas polas tardes a partir do mes de febreiro, en horario de 14.00 a 21.00 horas de luns a venres, e para iso contrataríanse tres novos profesionais: un médico de familia, un profesional de enfermería e un persoal de servicios xerais”.

Ademais critica que os “usuarios do cupo médico do turno da tarde do Centro de Saúde de Burela non foron informados desta situación“, e lamentan “a perda de citas durante estas quendas”.

Así as cousas, Otero quere coñecer se a Xunta “ten algunha intención de recuperar de xeito urxente o servicio de atención médica que se viña prestando de luns a venres, dende ás 14.00 a 21.00 horas, no centro de saúde de Burela”, e “cando prevé abrir a atención primaria de maneira presencial en Burela”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...