IniciosociedadeFeijóo apóiase no caso da residencia de Ribadeo para reclamar de novo...

Feijóo apóiase no caso da residencia de Ribadeo para reclamar de novo ao Goberno “unha lei para a pandemia”

O alcalde esixíralle ao presidente da Xunta que lexisle para que sexa obrigatorio aceptar a vacina ao entrar nunha residencia

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considera que o fallo do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSJPV) que anula o peche da hostalaría decretado polo Goberno de Euskadi reflicte que existe “un problema de seguridade xurídica” para os executivos autonómicos á hora de adoptar medidas para a xestión da pandemia.

“Hai un problema de seguridade xurídica que está a impactar en moitas das decisións que as autoridades en saúde pública temos que adoptar”, sinalou o mandatario galego, que incidiu en que “pechar actividades non é un capricho” dos gobernantes que, di, están a mercede de sentenzas xudiciais sobre as restricións “que moitas veces son contraditorias”.

Tras mostrar o seu respecto “como demócrata” ás decisións xudiciais “aínda que non as comparta” e sinalar que “tomaría a mesma decisión” que o seu homólogo vasco, Íñigo Urkullu; Núñez Feijóo indicou que este fallo do Superior vasco reflicte que a “seguridade xurídica” para os gobernos en materia de medidas de saúde pública é “difusa” e “insuficiente”, polo que volveu a demandar a elaboración dun marco lexislativo a nivel estatal que ampare a adopción de restricións.

A DEPUTACIÓN LEVOU O CASO Á FISCALÍA

Desde Galicia pedimos desde hai meses unha lei para xestionar a pandemia“, remarcou Núñez Feijóo antes de expresar que “é moi difícil” facer fronte a unha crise sanitaria como a actual sen contar “con todas as competencias para iso” e sen “instrumentos legais adecuados”.

A demanda dun marco normativo expreso sobre a pandemia levouno a pronunciarse sobre o caso dunha usuaria dunha residencia pública (dependente da Deputación de Lugo) de Ribadeo que non recibiu a segunda dose da vacina por negativa expresa dun dos seus familiares.

Temos que acudir a un xuíz para solicitar a vacinación desta persoa porque entedemos que é necesario para protexer a súa vida, a seguridade das persoas que a coidan, e a do conxunto da sociedade”, comentou o presidente autonómico sobre este caso.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...