Un xulgado de Lugo autoriza a vacinar a un usuario con discapacidade malia a negativa da irmá

O auto considera que a protección da saúde debe prevalecer fronte á renuncia da súa titora legal

Vacina. XUNTA.GAL

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Lugo autorizou a vacinar a un interno dunha residencia lucense a pesar da negativa da súa irmá e titora. O maxistrado indica no auto, contra o que cabe presentar recurso ante a Audiencia Provincial, que o home “non se atopa en condicións de prestar un consentimento consciente en relación coa aplicación da vacina COVID-19”.

O xuíz entende que a renuncia da titora á dispensación da vacina ao seu irmán “resultaría contraria aos intereses” da persoa con discapacidade, polo que considera “máis beneficioso para a protección da súa saúde” que o vacinen. Ademais, salienta que “a protección da saúde” deberá “prevalecer fronte á renuncia manifestada pola súa titora”.

Nos últimos días esta problemática púxose no centro do debate tralo caso da residencia de Ribadeo, onde unha usuaria non foi vacinada ao impedilo un familiar e deu “un falso positivo” nun cribado.

O maxistrado tamén indica no auto que discrepa da valoración da titora en canto a que o seu irmán é “relativamente novo e carente de patoloxías previas, polo que os resultados da enfermidade serían leves”. Así, advirte de que “a experiencia demostra que o virus é capaz de producir posibles resultados mortais en persoas da franxa de idade na que está o tutelado”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here