IniciosociedadeO Concello de Burela aclara que a solicitude de vacina para as...

O Concello de Burela aclara que a solicitude de vacina para as operarias do SAF tramitouse en tempo

A relación de traballadoras foi facilitada á Fegamp o 9 de xaneiro, cando o prazo remataba o día 16

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela aclarou este mércores as dúbidas sobre a tramitación da solicitude de vacinación das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), despois de que o pasado luns o Partido Popular burelao asegurara que o municipio “non figuraba” na lista de entidades locais que facilitaron o listado de traballadoras para vacinalas, atribuíndo esta situación ao goberno local.

Segundo puido confirmar o Xornal da Mariña, o mencionado listado, coa relación das 24 traballadoras, foi remitido á Fegamp polo Concello de Burela o pasado día 9 de febreiro, e o organismo colectivo galego de municipios notificou a recepción do correo electrónico nesa mesma xornada.

O 10 de febreiro a Federación Galega de Municipios e Provincias non remitiu ao Sergas nunha primeira tramitación o listado do Concello de Burela, pero si nunha segunda realizada o 11. O prazo para completar os trámites remataba onte, día 16. Finalmente, este mércores comezaron as vacinacións ao equipo de auxiliares do SAF burelao.

A concelleira de Servizos Sociais de Burela, Carmela López, pregúntase “quen engana á veciñanza” e asegura que “o peor da política son aqueles que enfangan unha ferramenta tan eficaz, e dese xeito conseguen que os veciños perdan confianza nela”.

O alcalde burelao, Alfredo Llano, engadiu que non entende o motivo polo cal “o Partido Popular cuestiona o labor da Concellería de Servizos Sociais, dado que se fixeron as cousas con gran rapidez e moi ben. Polo tanto sería bo que o PP explicara a todo o mundo cal é a razón real pola que trata de desprestixiar este labor. Parece mentira que esta oposición non teña máis miras e non se ocupe doutras cousas porque neste asunto quedaron realmente mal”, finalizou.

LÓPEZ PIDE QUE SE VACINE ÁS TRABALLADORAS SOCIAIS QUE FAN VISITAS A DOMICILIO

López tamén solicita que nunha segunda fase se vacine ás traballadoras sociais que fan visitas a domicilio. “Estiveron á fronte do servizo, traballando as súas horas habituais e algunha máis, inclusive nas fins de semana, sempre, incluído o estado de alarma. Por eso considero importante que se tomen en conta para ser vacinadas por parte do Sergas, xa que as profesionais dos centros de saúde, como persoal sanitario que son, xa están vacinadas”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...