IniciosociedadeNegativas todas as probas realizadas no cribado da Pontenova, 223

Negativas todas as probas realizadas no cribado da Pontenova, 223

As análises tiveron lugar o pasado domingo, con carácter voluntario aínda que centrándose nas persoas que traballan de cara ao público, en oficinas, supermercados ou comercios

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou este luns de que todas as probas PCR realizadas no cribado masivo da Pontenova, un total de 223, tiveron resultado negativo. Segundo as mesmas fontes, anotáronse para as análises un total de 227 persoas, acudindo finalmente 223.

O cribado tivo lugar o pasado domingo, sendo de carácter voluntario e centrándose principalmente nas persoas que traballan de cara ao público, en oficinas, supermercados, comercios ou gasolineiras.

Segundo o reconto ofrecido este luns polo Sergas, con datos actualizados onte ás 18.00 horas, A Pontenova conta once positivos confirmados nas últimas dúas semanas. O municipio é o único da Mariña con dobres díxitos e nel aplícanse restricións específicas de mobilidade, non podendo consumirse no interior dos locais de hostalería.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...