IniciosociedadeBurela repartirá 6.000 máscaras entre os catro centros educativos do municipio

Burela repartirá 6.000 máscaras entre os catro centros educativos do municipio

Unhas 500 persoas participarán no cribado masivo municipal, que comezou esta tarde no Hospital

Publicada o

- Advertisement -

Unhas 500 persoas están a participar no cribado masivo de Burela, segundo concretou o Concello.

As probas comezaron este mércores no autocovid-19 do Sergas no Hospital Público da Mariña. O cribado voluntario podería durar ata o sábado. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, contou que “a xente que se apuntou recibirá un SMS indicándolle a hora e o día á que ten que acudir a realizar a proba”.

Llano insistiu en que “o cribado para tentar evitar e controlar a aparición de novos brotes de covid-19 está dirixido a persoas que desenvolven a súa actividade laboral, profesional ou de voluntariado de cara ao público usuario dos servizos públicos ou privados e do terceiro sector prestados no ámbito territorial do termo municipal de Burela (persoal empregado ou profesional do sector público entre cuxas funcións estea a de atención ao público, así como o dos sectores relativos ao comercio retallista, á hostalería, restauración e/ou hospedaxe, aos supermercados, ás tendas de alimentación, ao transporte público ou privado de viaxeiros, ao asistencial, e calquera outro sector análogo)”.

Ademais, o Concello entregará 6.000 máscaras aos catro centros educativos de Burela.

Llano, explicou que “desde o Concello facemos unha segunda doazón aos catro centros educativos de primaria e secundaria de Burela, 1.500 máscaras para cada un deles. 5.000 máscaras que foron recibindo en diferentes lotes dende o Ministerio e distribuídas pola Deputación de Lugo aos diferentes Concellos de tamaño adulto e 1.000 máscaras de tamaño infantil adquiridas a través da partida destinada para paliar os efectos do Covid con fondos do Plan Único da Deputación”, concretou.

O rexedor sinalou que “deste xeito queremos botarlles unha man aos centros de ensino, aos docentes e aos rapaces e rapazas que estudan tanto nos Ceips como nos Ies de Burela”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...