IniciosociedadeA caída dun teito nas casas baratas de Burela obriga a desaloxar...

A caída dun teito nas casas baratas de Burela obriga a desaloxar catro familias

A asistenta social e a familia do dono da vivenda, de 94 anos, xestionan que o propietario poda durmir na residencia de anciáns ata que se repare a casa

Publicada o

- Advertisement -

O derrubamento do tellado dunha vivenda en Burela provocou o desaloxo provisional de catro familias, despois de que así o aconsellase o informe da arquitecta municipal.

O suceso produciuse na tarde do pasado luns, na urbanización de vivendas de protección oficial coñecida como as casas baratas.

En concreto, foi na rúa José María González Río, á altura do número 5, no grupo San Juan Bautista, que data do 1954.

Os tellados están intercomunicados, de xeito que a técnica aconsellou “por precaución” o desaloxo das outras vivendas, segundo expón o alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano.

O rexedor asegura que “ata que non teñamos unha garantía total de que non hai risco para estas persoas terán que pernoctar noutros domicilios”.

PERNOCTA

Tres das familias propietarias están aloxadas con parentes, mentres que o dono da vivenda afectada pola derruba, de 94 anos, precisou da axuda dos servizos sociais do municipio.

Tras durmir na noite do luns ao martes nun hotel, a neta do propietario xestionaba este martes coa asistenta social municipal que o afectado poidese pasar os días seguintes, ata reincorporarse ao seu domicilio, na residencia de anciáns de Burela.

O ancián atopábase na vivenda no momento do derrubamento -sobre as 15.30 horas-. Estaba na cama sen que, afortunadamente, a caída do teito lle producira lesións.

REPARACIÓN

Respecto ao arranxo que require a vivenda, Llano explicou que “estamos en contacto con varias empresas para axilizar ao máximo o proceso”, e lembrou que neste caso a adxudicataria deberá tamén seguir “as directrices de Patrimonio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...