Viveiro nomeará Filla Adoptiva a Luz Pozo Garza o vindeiro domingo

O Concello convida á veciñanza a apoiar o nomeamento nun acto aberto até completar o aforo do teatro Pastor Díaz

Luz Pozo Garza. AXM

O Concello de Viveiro nomeará o vindeiro domingo Filla Adoptiva do municipio á escritora Luz Pozo Garza.

O acto celebrarase ás 12.30 horas no Teatro Pastor Díaz. A autora recibirá un diploma ou placa acreditativo da distinción, no que se consignará o nome da escritora e farase referencia ao acordo municipal da concesión, tomado no pleno do pasado 11 de outubro.

O goberno local de Viveiro convidou a autoridades, persoeiros do ámbito cultura e representantes das asociacións.

Ademais, trátase dun acto aberto até completar aforo, polo que desde o executivo municipal convidan á veciñanza a asistir e apoiar este nomeamento.

Nos últimos meses, o pobo de Viveiro xa lle demostrou o seu cariño á poeta ao poñerlle o seu nome á Escola Oficial de Idiomas viveiresa.

BIOGRAFÍA

Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922) criouse na Mariña ata que por mor da Guerra Civil tivo que marchar coa súa familia a Lugo e, despois, a Marrocos. De volta, estableceuse en Viveiro. 

Integrante da Real Academia Galega desde 1996, docente de lingua e literatura ata 1987, Pozo Garza escribiu poesía e ensaio durante máis de 50 anos de traxectoria literaria. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here