IniciosociedadeO Concello de Ribadeo fará xornadas de portas abertas no xeriátrico

O Concello de Ribadeo fará xornadas de portas abertas no xeriátrico

A veciñanza poderá visitar a instalación, pendente do PIA, na última fin de semana de novembro e nas dúas primeiras de decembro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo organizará durante os meses de novembro e decembo xornadas de portas abertas no centro de atención a persoas maiores. A primeira delas será o 24 deste mes.

O goberno local ribadense convida aos veciños a achegarse para coñecer as instalacións, que –tralo acordo entre Deputación de Lugo e Concello– están pendentes dun Permiso de Inicio de Actividade (PIA) por parte da Xunta de Galicia.

Convén que a xente vaia sabendo e coñecendo de primeira man o que fomos construíndo e equipando, que é un gran logro de Ribadeo e que está destinado aos nosos paisanos, por iso queremos que se acheguen”, razoou o alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia.

O xeriátrico ficará aberto o domingo seguinte e tamén nas fins de semana do 1 e o 2 de decembro e do 8 e o 9. O horario en todos os casos será de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00.

ACTO

Á primeira das xornadas abertas, que comezará ás 12.00 horas, asistirá o rexedor, a edil de servizos sociosanitarios, Sonia Meilán, e o presidente do goberno provincial, o socialista Darío Campos.

O alcalde ribadense agradece á Deputación “que foi a entidade que desde o primeiro momento estivo con nós man a man para conseguir isto”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...