IniciosociedadeSesenta e seis negocios de Viveiro tentan remontar a riada co Black...

Sesenta e seis negocios de Viveiro tentan remontar a riada co Black Friday

En Ribadeo, 32 comercios participarán na campaña, que ofrecerá descontos de ata o 70%

Publicada o

- Advertisement -

Aínda mermado polas consecuencias da riada que asulagou o casco da Cidade do Landro, o Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) celebra o 22 e o 23 de novembro o Black Friday. Un total de 66 negocios viveirenses ofrecerán descontos de ata o 70%.

Participarán na campaña locais de moda, calzado e complementos, deportes, xoias, mobles e decoración, perfumería, beleza, artigos para o fogar, alimentación ou tecnoloxía, entre outros.

Os locais participantes son Óptica Rosario, Gómez Travieso, Confecciones Justo Vázquez, Equivalenza, Muebles Iglesias, Irimia Paquetería, Platax, Grafity, Regalos Sulian, e Calzados Vogue.

Tamén Madrás, Esprit, La Óptica Viveiro, Lencería Canela, Van Surf Sneakers, Dandara, Van Surf Shop, Naútica Beagle, África Copias, Rockids, Jonathans, Contigo en tu Día, Holamobi, Raquel Seijido, Las Fidalgas e Carlos Fotógrafos.

Tacones, Keweë, Kody Kids, Joyería Paleo, Roupa, Estanco Casanova, Calzados Albo, Kandela Iluminación, Albo Zapaterías, Mobiltom, Albo zapatillería, Nacar, Piti Deportes, El Faro, Kerale Moda e Baühaüs.

Óscar Rodríguez Joyeros, Paquetería Mónica, Fontana, Depidel, Miss-tic, Carnicería Mariño, Oxígeno Surf, Deportes Don Balón, Podium Sport, A Tenda da Calexa, Fontenova Panadería, La Tienda de Aradia, Cerámica Regal e Peluquería Richard XFavor.

Por último, Paquetería Lage, Kalea Platería, Tejidos Rogelio, Librería Santiago, Mango, Dolotravel, Piti Deportes, A Bolboreta Mercería, Peluquería Ángeles Salgueiro  e Embutidos Villalba.

O CCHV resalta a “unión” dos comercios viveirenses, que se traduciu en axudas duns empresarios aos outros para realizar as tarefas de limpeza e arranxo dos desperfectos provocados polas inundacións.

RIBADEO

En Ribadeo, a Acisa contabiliza 32 establecementos que ofrecerán descontos –maioritariamente do 20%, aínda que poderían chegar ata o 70%- desde o día 22 ao 25.

Ao igual que en Viveiro, a nómina de participantes no Black Friday ribadense destaca tamén pola súa variedade. Os clientes poderán atopar ofertas en bodegas, ópticas, negocios de agasallos, produtos de informática ou roupa.

DESCONTO PARA COMPRAS NO NADAL

Como novidade e coa intención de fidelizar a clientela, o comercio ribadense premiará as compras con descontos para vindeiras campañas, como a de Nadal.

Anais, R23, Opticalia, Bora Bora, Beep, Ginzo, Electronima, Óptica Carreira, Dándara, Bodegas Ribeirao, Platería Gutié, Boutiques Valentina y Del Río, Adele, Naná, Fauna, Bimba, Nina, Mika, Sanjurjo, Esprit, Jatay, Coco, Glass, Pequerrechos, Trece Eventos, Bis a Bis, Hola Ola, Mercería Torviso, Docobo, La Moda Hombre e Folder participarán no Black Friday de Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...