IniciosociedadeActivada a alerta laranxa por vento en toda a Mariña desde a...

Activada a alerta laranxa por vento en toda a Mariña desde a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Agárdase vento do sur con refachos que poderán alcanzar os 100 km/h.

Publicada o

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta vén de activar a alerta laranxa por vento no oeste da provincia da Coruña e na Mariña de Lugo.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comezará a últimas horas da tarde de hoxe. Agárdase vento do sur con refachos que poderán alcanzar os 100 km/h.

A Xunta sinala a importancia de seguir as medidas de protección, como retirar os obxectos que poidan caer á rúa desde os tellados, balcóns e fiestras, e evitar pasar preto de edificios en ruínas ou en construción, de árbores, de paneis publicitarios e de obxectos susceptibles de desprazarse con vento.

Cómpre lembrar que desde primeiras horas desta mañá está tamén activada unha alerta laranxa nas provincias da Coruña e de Pontevedra por costeiros, na que se agarda vento do sur de forza 8 e de forza 9 entre Vilán-Sisargas e entre Fisterra-Sisargas.

Respecto dela, a Xunta recorda a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Acónsellase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...