EFE. A Garda Civil localizou a persoa que alugou a furgoneta atopada o pasado sábado na zona dos cantís de San Román de Vale, no Vicedo.
Os axentes comezaron a investigación tras comprobar que no interior do vehículo, que quedou totalmente esnaquizado, non había ninguén.
Fontes da Garda Civil confirmaron que as pesquisas realizadas permitiron xa identificar á persoa que concertou o alugueiro da furgoneta, de “fóra de Galicia“, pero a investigación continúa aberta para esclarecer as circunstancias que provocaron que o vehículo caese polo cantil do mirador do Alto de Moreiras.
INVESTIGACIÓN
Do caso fíxose cargo o Grupo de Investigación e Análise do Tráfico (GIAT) de Lugo, que nos próximos días tomará declaración á persoa identificada.