InicioSucesosFalece un veciño de Rinlo de 75 anos nun accidente de tractor

Falece un veciño de Rinlo de 75 anos nun accidente de tractor

O suceso aconteceu sobre as sete da tarde, cando o home quedou parcialmente atrapado tras envorcar o vehículo

Publicada o

- Advertisement -

Un veciño da parroquia de San Pedro de Rinlo, de 75 anos, faleceu este xoves despois de quedar atrapado baixo o tractor que manexaba no núcleo urbán desta parroquia do municipio de Ribadeo.

O sinistro aconteceu na Rúa Campo de María Méndez pasadas as sete da tarde. O 112 mobilizou aos servizos sanitarios, Protección Civil e Policía Local de Ribadeo, os bombeiros do parque comarcal de Barreiros e a Garda Civil. Non poideron senón confirmar o falecemento da vítima, e será a Benemérita quen investigará o caso.

CASE 60 EN GALICIA EN TRES ANOS

Os accidentes de tractor son unha problemática da sociedade galega. Na Mariña Lucense, os dous últimos aconteceron en setembro e outubro, co falecemento dun veciño de Mondoñedo e outro da Pontenova, respectivamente. Segundo La Voz de Galicia, ata o pasado mes de febreiro producíranse 56 destes sinistros nos últimos tres anos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...