O xuíz da Audiencia Nacional José de la Mata acordou prisión incondicional polo delito de autoadoutrinamento para a presunta xihadista detida o pasado martes no municipio lucense de Viveiro, dada a súa reincidencia en asumir os postulados terroristas.
Lucía Rodríguez Cao, de 45 anos, foi arrestada na súa casa de Galdo. No 2018 xa fora detida.
Segundo informou o Ministerio do Interior, tras observar “un incremento do nivel de risco” desde que foi arrestada por primeira vez, a Garda Civil procedeu novamente á súa detención “para neutralizar esta ameaza á seguridade pública e determinar se a muller puidese estar a ser instrumentalizada ou influenciada por alguén”.