InicioSucesosFalece a veciña de Foz, de 77 anos, atropelada na rúa Salvador...

Falece a veciña de Foz, de 77 anos, atropelada na rúa Salvador de Madariaga

A Policía Local investiga o incidente; o condutor do turismo que atropelou á falecida deu resultado negativo na proba de alcolemia

Publicada o

- Advertisement -

A muller que resultou ferida na noite do pasado domingo en Foz tras ser atropelada faleceu na madrugada deste luns no Hospital Público da Mariña. Trátase dunha veciña da vila focega de 77 anos de idade.

A Policía Local investiga o incidente. O condutor do turismo que atropelou á falecida deu resultado negativo na proba de alcolemia.

Segundo precisaron fontes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 122 Galicia, o atropelo produciuse sobre as 20.51 horas do pasado domingo, na rúa Salvador de Madariaga, á altura do número 7, preto do Colexio número 1 de Foz e da Praza de Galicia.

Foron mobilizados ao lugar do incidente a Policía Local, 061-Emerxencias e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...