Calcinada por completo a nave de rotulación de Celeiro

O 112 Galicia confirma que se salvaron as oficinas, pero aínda así sufriron os efectos do intenso fume provocado por un incendio que durou seis horas

Incendio na nave. AXM

Arredor das oito da tarde do pasado martes deuse por finalizado o incendio da nave de rotulación de Celeiro (Viveiro) que, do mesmo xeito, resultou completamente calcinada. Salváronse as oficinas, pero aínda así sufriron os efectos do intenso fume.

Así o confirma o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia. O incendio comezou pasadas as dúas da tarde do pasado martes e mantívose controlado pero activo ata case as oito da tarde. Foron horas de traballo que afrontaron os Bombeiros de Viveiro coa colaboración dos membros do distrito forestal da zona e os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo. Non houbo que lamentar danos persoais.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here