InicioSucesosControlado un incendio forestal en Ove tras calcinar 1,19 hectáreas e obrigar...

Controlado un incendio forestal en Ove tras calcinar 1,19 hectáreas e obrigar a cortar a estrada de Vilela

A Garda Civil investiga o suceso, aínda que fontes oficiais aseguran que por agora todo apunta a que se trata dun lume intencionado

Publicada o

- Advertisement -

Un incendio forestal na parroquia de Ove, preto de Santa Cruz e nunha área ubicada ao pé da estrada de Vilela, quedou controlado despois de calcinar 1,19 hectáreas de monte e obrigar a cortar a vía LU-5207 durante máis de dúas horas.

O incendio orixinouse sobre as 15.03 horas e o vento complicou as tarefas de extinción, que contaron coa participación dos Bombeiros de Barreiros, con dous axentes, catro brigadas e tres motobombas da Consellería de Medio Rural, ademais da Garda Civil e de Protección Civil. O lume quedou controlado sobre as 17.22 horas.

Sobre as 18.00 horas, a Policía Local reabriu a estrada ao tráfico, unha vez o lume estaba controlado e mesmo practicamente extinto.

INVESTIGACIÓN DA GARDA CIVIL

A Garda Civil investiga o suceso, aínda que fontes oficiais aseguran que por agora todo apunta a que se trata dun lume intencionado.

No pasado mes de febreiro, logo dun conato de incendio nesta mesma parroquia, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, lamentaba que a fegresía de Ove padeceu nos últimos anos arredor de 30 lumes, “máis que A Mariña Lucense xunta”. Neste caso, as lapas orixináronse nunha zona distinta que noutras ocasións, entre a N-640 e a ría.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...