InicioSucesosEn liberdade con cargos o sospeitoso de abusar sexualmente dunha moza en...

En liberdade con cargos o sospeitoso de abusar sexualmente dunha moza en Viveiro

A autoridade xudicial decretou orde de afastamento, a comparecencia semanal do investigado no Xulgado e a retirada do pasaporte

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O mozo detido en Viveiro esta semana por abusar sexualmente dunha moza de Vigo quedou en liberdade logo de prestar declaración no xulgado, aínda que como investigado por un suposto delito de abuso sexual e coas correspondentes medidas cautelares.

Fontes policiais informaron a EFE de que a autoridade xudicial decretou unha orde de afastamento, de modo que o sospeitoso non poderá achegarse á suposta vítima, e terá que comparecer semanalmente no xulgado. Ademais, retiróuselle o pasaporte.

Segundo informou o Corpo Nacional de Policía os feitos producíronse nun piso de Viveiro, na madrugada do domingo ao luns -día 16 de novembro-.

A vítima e unha amiga, ambas mozas de Vigo, atopáronse con dous amigos de Viveiro, de similar idade, no piso que ambos compartían nesa localidade da Mariña.

Segundo o seu propio relato, a vítima espertouse sobresaltada na madrugada do luns -día 16- ao comprobar que un terceiro varón, que vivía cos outros dous no mesmo piso, aínda que era maior que os seus compañeiros, “estaba abusando sexualmente” dela.

Tras avisar á Comisaría de Viveiro, unha patrulla presentouse no lugar dos feitos e detivo ao sospeitoso, que posteriormente foi posto a disposición xudicial.

A Policía Nacional tamén avisou ás autoridades sanitarias en relación cunha posible infracción das medidas para frear os contaxios de covid-19, ao producirse unha reunión “tres persoas conviventes con dous non conviventes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...