EFE. A avogada da esposa do presunto falso médico “Coté“, acusada dun delito de blanqueo de capitais, defendeu este venres que “non é culpable en absoluto” dos delitos do seu marido, xa que se limitaba a ter unhas contas en cotitularidade” con el, dixo en declaracións á prensa.
A Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña acolleu esta mañá a segunda xornada do macroxuízo que se alongará ata marzo e que dirimirá a culpabilidade de “Coté”, quen se enfronta a 338 anos de prisión por supuestamente exercer como falso médico en Ferrol e Viveiro.
A DEFENSA CRE QUE A INSTRUCIÓN “VULNEROU DEREITOS FUNDAMENTAIS”
Nesta segunda sesión, destinada a expoñer cuestións previas, a letrada que representa á muller de José Manuel López Pérez, quen se enfronta a tres anos de prisión, adheriuse á petición de nulidade da instrución completa, exposta o pasado xoves polo letrado de Felipe Patiño -que representa a Coté- durante catro horas e media.
Así, a avogada Belén Amboade asegurou que a actuación exercida polo xulgado de Instrución número 3 de Ferrol conlevou unha “vulneración dos dereitos fundamentais” e non respectou a “presunción de inocencia” das persoas acusadas.
“Non estivemos na declaración de 66 prexudicados”, asegurou a avogada, que insistiu en que o xuíz instrutor non contou coas defensas.
A preguntas dos xornalistas, Amboade aseverou que a súa representada “non é culpable en absoluto”, pois “ela limitábase a ter unhas contas en cotitularidade co seu marido, nada máis”, sinalou antes de entrar a un xuízo que conta con trece letrados que exercen as acusacións e representan, entre outros, a 129 afectados.
Con todo, o Ministerio Público manifesta no seu escrito que, ao longo os anos de actividade delituosa, o acusado chegou a obter “unhas ganancias ilícitas en metálico de polo menos 4.475.524,08 euros e 4.945,78 dólares“, cantidades que estaban distribuídas en contas de tres entidades bancarias.
A acusada M.S.R.G. e a súa nai xa falecida figuraban como titulares de tales contas, das que Coté podía facer uso como autorizado, detalla o fiscal.
A FISCALÍA REMARCA QUE A PARELLA “FACÍA SEUS A METADE DOS INGRESOS” E “SABÍA DE ONDE VIÑAN”
Neste sentido, a Fiscalía precisa que a muller, pola propia dinámica do rexime económico matrimonial da sociedade de gananciais, “facía seus a metade dos ingresos procedentes da actividade delituosa do seu marido e gozaba da plena dispoñibilidade dos mesmos”.
“Ademais traballaba nas supostas clínicas realizando labores administrativas auxiliares, de modo que era perfecta coñecedora da fonte deses ingresos“, recalca o fiscal, que detalla que ela “sabía que o acusado carecía de calquera cualificación para o exercicio da medicina”.
Así mesmo, indica que a esposa de Coté sabía, posto que asinou a correspondente declaración conxunta, que cando menos no exercicio de 2006 “deixara de declarar e ingresar practicamente todos rendementos derivados da actividade profesional e do capital mobiliario“.
José Manuel López Pérez, “Coté”, cumpre condena na prisión do Pereiro de Aguiar (Ourense) por estafar a unha vintena de persoas en Vinarós (Castellón), tal e como o ratificou o Tribunal Supremo. As declaracións de ambos acusados serán os días 17 e o 18 de decembro.
Segundo a Fiscalía, Coté atribuíuse publicamente durante polo menos dez anos a condición de médico, “pese a non contar con máis estudos que o Bacharelato” e aplicou tratamentos consistentes “no fornezo de sustancias non especificadas” e tamén “na realización de auténticas operacións cirúrxicas co conseguinte quebranto da integridade física das súas vítimas”.