InicioSucesosViveiro abre unha oficina de atención aos afectados pola riada

Viveiro abre unha oficina de atención aos afectados pola riada

A unidade, ubicada no consistorio e operativa durante un mes, axudará aos interesados coa solicitude de axudas estatais

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro creará unha oficina de atención ao cidadán para facilitar as xestións e a tramitación das axudas estatais aos afectados pola riada que na noite do pasado domingo asulagou varios puntos do municipio e deixou unha vítima mortal no barrio de Xunqueira.

Integrantes do goberno local, da Policía Local, de Protección Civil, de Bombeiros de Viveiro e de voceiros dos grupos políticos realizaron unha primeira valoración dos danos.

Na xuntanza acordaron a creación dunha oficina de atención aos cidadáns permitirá que os afectados non se teñan que desprazar á subdelegación de Goberno, ubicada en Lugo.

A normativa contempla subvencións para atender necesidades derivadas de situacións de emerxencia ou natureza catastrófica.

UN MES DE PRAZO

Os afectados poden solicitalas nun prazo dun mes desde este luns. Estas axudas son independentes das que cada particular poida tramitar co seu seguro.

Así, habilitarase unha unidade de atención aos afectados na segunda planta do consistorio que permanecerá aberta, en horario de oficina, durante o prazo de un mes. Este luns, o servizo ficará operativo ata as 20.00 horas.

SOLICITAN FOTOGRAFÍAS

Na oficina, os interesados terán acceso aos formularios que deben cubrir e informacións sobre a documentación a presentar.

O Concello solicita aos afectados que comuniquen os danos producidos á maior brevidade posible para poder tramitar o expediente oportuno e que xunto coa solicitude se presenten, de ser posible, fotografías dos danos causados.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...