Obreiros de Alcoa Cervo esixen ao Goberno que regule o prezo da enerxía para as electrointensivas

As empresas electrointensivas reclaman na Coruña unha rebaixa do custo da luz sen a que, segundo a multinacional, a planta de aluminio de San Cibrao é "inviable"

A industria electrointensiva reclamou medidas urxentes para regular o prezo da enerxía. AXM

Máis de mil persoas esixiron na Coruña ao Goberno central que regule o prezo da enerxía para a industria electrointensiva e cumpra os seus compromisos, nunha manifestación convocada polos Comités de empresa de Alcoa A Coruña e San Cibrao, Ferroatlántica de Cee-Dumbría e Sabón e Celsa Atlantic.

Na mobilización, que se iniciou ás 12.00 horas na praza da Palloza para rematar cunha concentración diante da delegación do Executivo, participaron representantes políticos do PP, Ciudadanos, En Marea, BNG e En Común Podemos.

O ESTATUTO, PENDENTE

Os traballadores instan ao Goberno socialista a que aprobe o estatuto do consumidor electrointensivo comprometido desde o pasado ano, dado que o prezo da electridade supón un problema para as fábricas especialmente dependentes desta enerxía, como ocorre coa planta de aluminio de Alcoa en Cervo, cuxa tarifa da luz supón o 40% dos gastos de produción.

Así, a multinacional asegurou que a continuidade da factoría “é inviable” sen unha rebaixa dos custos. Podes ler a nova completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here