O estatuto das electrointensivas aprobarase “en canto se forme o Goberno”, di Maroto

Multinacional e traballadores piden a tramitación do documento de urxencia para "facer viable" a industria do aluminio primario, da que San Cibrao é a única fábrica española

Reyes Maroto. EFE

A ministra de Industria, Comercio e Turismo en funcións, Reyes Maroto, afirmou este mércores na cadena SER que o Goberno central levará ao Consello de Ministros o Real Decreto sobre o Estatuto do Consumidor Electrointensivo en canto o novo Executivo se configure.

Segundo Maroto, o Goberno central tiña previsto aprobar esta norma hai un mes, pero “impediuno” o informe desfavorable da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC).

A CNMC desestimou o proxecto de Real Decreto por considerar inadecuado limitar a condición de consumidor electrointensivo ao nivel de tensión e á estrutura da tarifa de acceso á que está acollido.

“VITAL” PARA O ALUMINIO PRIMARIO

Alcoa reclamou ao longo dos últimos anos unha rebaixa do prezo da luz, sen a que considera “inviable” a industria do aluminio primario, da que a de San Cibrao é a única fábrica en España. A electricidade supón o 40% dos gastos de produción da fábrica de aluminio sancibrense.

Tralo resultado da subasta de interrompibilidade, multinacional e traballadores instaron ao Executivo a aprobar de urxencia o documento, comprometido desde o pasado ano. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here