IniciosociedadePP e BNG apoian crear un centro de inmersión lingüística en Mondoñedo

PP e BNG apoian crear un centro de inmersión lingüística en Mondoñedo

O lousado do miradoiro mindoniense comezará o 2 de xaneiro

Publicada o

- Advertisement -

O BNG e mailo PP aprobaron no Pleno provincial unha moción para que o miradoiro de Mondoñedo sexa rehabilitado e para que se dote á cidade dun centro de inmersión lingüística.

Os nacionalistas propuñan que o miradoiro fose utilizado como centro educativo noutras linguas, unha solicitue ante a que o PSOE, que proxecta un albergue de peregrinos na zona, optou pola abstención.

O BNG asegurou que a proposta parte do tecido asociativo mindoniense e que no miradoiro poderíanse impartir cursos intensivos de segundas linguas para todo tipo de público.

Así, os nacionalistas afirmaron que o centro de inmersión lingüística podería atraer a Mondoñedo a persoas da Mariña, Asturias ou León.

Socialistas e populares aprobaron unha emenda de engádega do PP para que se rehabilite o miradoiro e protexa as obras de rehabilitación acometidas, logo de que os populares denunciaran o seu estado de deterioro. O goberno provincial anunciou que o  lousado do edificio comezará o 2 de xaneiro.

Ante a posibilidade de que a execución do proxecto do centro de inmersión lingüística no miradoiro poidese tardar anos, os populares tamén solicitaron que Mondoñedo poda contar mentres tanto con este servizo noutra instalación, proposta que saíu adiante.

300.000 EUROS NOS ORZAMENTOS

O goberno provincial consignou 300.000 euros nos orzamentos para 2019 a unha segunda fase de rehabilitación do centro.

SEN ACORDO SOBRE O SEU USO

Nos últimos anos, o miradoiro foi obxecto de polémica ao non haber acordo sobre a súa utilización. A Deputación sacou a subasta o edificio no 2011 sen que houbese interesados.

O goberno provincial proxectou converter a instalación nun albergue de peregrinos, o que suscitou críticas por parte do goberno local mindoniense, que apostou por consolidar a vila como final de etapa do Camiño de Santiago.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...