As alfombras florais de Mafalda, Son Goku ou SuperMario dan cor ás patronais de Burela

A banda deseñada e mailos videoxogos foron os protagonistas dos tapices, que deleitaron a nenos e grandes

Alfombra floral do videoxogo Donkey Kong. AXM

As alfombras florais de Burela deron o pasado sábado o toque de cor ás festas patronais, que continúan este domingo. Mafalda, Son Goku ou SuperMario estiveron entre as caras coñecidas que veciños e turistas poideron atopar nas rúas da vila.

Personaxes de banda deseñada e de videoxogos tanto da actualidade como de décadas pasadas foron os protagonistas dos tapices. As representacións de Mortadelo e FilemónAsterix e Obelix, Sailor Moon, os Pokémon, as irmás Gilda ou Donkey Kong fixeron as delicias dos asistentes.

Tanto grandes coma pequenos atoparon referencias á súa infancia entre estas obras de arte efímero elaboradas pola veciñanza. As alfombras florais cumpriron o pasado ano 25 anos, pero os veciños de Burela seguen a enriquecer a celebración con ideas orixinais e innovadoras.

ESTE DOMINGO, PROCESIÓN MARÍTIMA

O programa das festas patronais de Burela continúa este domingo, coa procesión marítima, e prolongarase ata o luns, día da subida das imaxes desde o porto ata a Igrexa. Podes consultar neste enlace as actividades.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here