InicioM.ambiente e PatrimonioA Xunta nega "responsabilidade" sobre a seguridade nas Catedrais tralo desprendemento

A Xunta nega “responsabilidade” sobre a seguridade nas Catedrais tralo desprendemento

Malia que o Executivo autonómico reforzou a vixilancia este verán no areal, no que controla tamén as visitas, sinala ao Goberno central e ao Concello despois da última caída de laxas

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia asegurou este venres a través dun comunicado que xestiona as visitas á praia das Catedrais en época de maior afluencia de visitantes como medida de protección do monumento natural, pero asegura que “hai outros aspectos, como a seguridade, nos que non ten competencias directas“. Así, evitou calquera tipo de responsabilidade tralo último desprendemento de laxas, acontecido o pasado xoves.

O delegado territorial do Goberno autonómico en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que así o aclara un informe dos servizos xurídicos da Xunta, pese ao cal a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda deu algúns pasos para reforzar a seguridade “ante a inactividade do Goberno central”.

Balseiro explica que o monumento natural está localizado integramente en terreos de dominio público marítimo-terrestre, polo que lle corresponde ao departamento de Costas do Estado “adoptar as medidas de policía preventiva” necesarias para garantir a seguridade das persoas que visiten a praia, e “subsidiariamente ao Concello de Ribadeo“.

POLÉMICA CON COSTAS DO ESTADO

A Consellería encargou hai uns meses un estudo xeotécnico e xeolóxico e deu traslado das conclusións á Administración do Estado nunha xuntanza con responsables da Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar que tivo lugar o pasado mes de marzo en Madrid.

Ante a “nula receptividade” do Goberno central, a propia Xunta, argumenta o comunicado, “asumiu por responsabilidade a primeira das medidas propostas”, aclarou Balseiro, o reforzo da sinalización e mesmo o impacto das mensaxes referidas a aqueles tramos e elementos naturais nos que a probabilidade de caída de material é alta ou moi alta.

Ademais, os axentes e o persoal que controlan o acceso informan aos visitantes sobre os perigos e as precaucións a ter en conta durante o percorrido tanto da praia como das furnas, cantís e demais elementos que integran o monumento.

A Xunta sostén que “está aberta a colaborar en canto estea na súa man tanto co Goberno central como co concello de Ribadeo para reducir os riscos no areal, pero cada administración debe desenvolver as súas competencias“. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...