IniciosociedadeO centro de Alzhéimer de Mondoñedo contará con dez prazas públicas

O centro de Alzhéimer de Mondoñedo contará con dez prazas públicas

A Xunta financiará con 120.000 euros o servizo para unha decena de usuarios

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou que o centro de día de Alzhéimer no centro San Rafael, en Mondoñedo, ofertará dez novas prazas públicas financiadas pola Xunta de Galicia por un importe de 120.000 euros. Fíxoo esta mañá na cidade episcopal acompañada da alcaldesa, a popular Elena Candia.

García destacou que a posta en marcha deste servizo en Mondoñedo “dará resposta á demanda da veciñanza fronte a esta doenza que afecta á memoria de quen a padece”. Explicou que o centro de día de Alzhéimer, “ademais de garantir un servizo de calidade a todas estas persoas, supón tamén unha axuda para que os seus familiares poidan conciliar, en especial as mulleres. Cómpre recordar que, en maior medida, son elas as que coidan das persoas que teñen limitada a súa autonomía”, concluíu.

DEMANDA DE CONCELLO E OPOSICIÓN

No pasado mes de xaneiro, En Marea preguntara no Parlamento de Galicia á Xunta se financiaría prazas públicas no centro de día de Alzhéimer, unha petición que o Executivo galego se comprometeu coa alcaldesa a estudar.

O novo centro de día de Alzhéimer do centro residencial San Rafael sumarase aos servizos xa ofertados nesta instalación xestionada pola asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz: un centro de día con 40 prazas e unha residencia de maiores con 33 usuarios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...