IniciosociedadeEn Marea pregunta á Xunta se financiará prazas na unidade de Alzhéimer...

En Marea pregunta á Xunta se financiará prazas na unidade de Alzhéimer de Mondoñedo

O partido instrumental asegura que "non se cumpren os requisitos" para bonificar o Icio a través do convenio Doing Business, como propón o Concello

Publicada o

- Advertisement -

En Marea formulou unha pregunta no Parlamento galego para que a Xunta de Galicia aclare se “financiará prazas” no centro de día e residencia de maiores de Mondoñedo e na unidade de Alzhéimer que Mensajeros de La Paz prevé abrir no primeiro semestre de 2019.

A deputada do partido instrumental, Paula Vázquez Verao, critica que “pese a que o concello de Mondoñedo ten unha tendencia demográfica regresiva, non hai prazas públicas de centro de día nin de residencia para a terceira idade”.

Vázquez Verao sinalou que o asilo de Mondoñedo, que rexenta Asociación Edad Dorada Mensajeros de La Paz, “conta con 15 prazas, ningunha financiada”.

O centro de día para maiores San Rafael, “que recibiu 90.000 euros da Xunta para mobiliario e equipamento, con 32 autorizadas, ningunha subvencionada polo Goberno galego”, sostén.

No tocante á unidade especializada de Alzhéimer, a deputada de En Marea expón que “este novo servizo, privado, contará con 15 prazas, no mesmo complexo da residencia, que está a ser rehabilitada”.

BONIFICACIÓN DO ICIO

Ante a petición da asociación de desfrutar da bonificación do Imposto Sobre Construcións, Instalacións e Obras (Icio), e a proposta do goberno local para custeala a través do convenio Doing Business, acordado coa Xunta, a deputada de En Marea afirma que “non se cumpren cos requisitos de dito documento”.

O Concello asegurou neste senso que a unidade de Alzhéimer creará oito novos postos de traballo: un un psicólogo, cinco auxiliares xerocultores, un terapeuta ocupacional e un técnico en actividades socioculturais.

CONTRATOS “EN DÍAS SOLTOS”

Vázquez Verao sinala que “en febreiro de 2018, a empresa Canguro Express asinou un acordo de colaboración coa residencia da terceira idade de Mondoñedo para prestar servizos de persoal coidador en días soltos, cun prezo por hora de entre seis e oito euros, aínda que oficialmente conta con once persoas de atención directa no cadro de persoal”.

Así, Vázquez Verao pregunta ao Executivo autonómico “como valora o feito de que se deixe gran parte dos servizos de atención á dependencia no Concello de Mondoñedo á iniciativa privada” e inquire “se se vai avanzar nun plan que posibilite a permanencia no fogar e a creación de emprego digno”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...