Lucía Freitas comparte os segredos da mellor cociña en Xove

A chef compostelá, cunha Estrela Michelín para A Tafona, ofreceu un showcooking aberto ao público no pavillón e asesorou á hostalería xovense de cara ao tapeo deste venres

Lucía Freitas, asesorando unha receita nun dos locais. AXM

A prestixiosa chef Lucía Freitas, que ostenta unha Estrela Michelín para o seu restaurante A Tafona (Santiago de Compostela), animou coa súa presenza a primeira xornada da segunda edición das Xornadas Gastronómicas de Xove.

A cociñeira ofreceu un showcooking no pavillón xovense, onde diante de numeroso público preparou algunhas das súas creacións, explicou parte da súa carreira e expuxo a súa maneira de ver a cociña.

Ademais, Freitas asesorou aos oito establecementos do municipio participantes no tapeo que se celebrará este venres, desde as 20.00 horas. Os locais son Onde SempreO RefugioA FugaO Cabaliño do MarA RodaO Pepe e Centro Cívico.

POTENCIAR A OFERTA HOSTALEIRA LOCAL, O OBXECTIVO

A chef compostelá comprobou as receitas preparadas por cada local de hostalería e ofreceu consellos para mellorar o prato, participando tamén na súa elaboración. A intención do Concello e a Aciam, impulsores do evento, é potenciar a oferta hostaleira local con esta iniciativa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here