IniciosociedadeOnce pacientes con positivo fican ingresados en Burela tralo segundo falecemento pola...

Once pacientes con positivo fican ingresados en Burela tralo segundo falecemento pola pandemia

Hai catro doentes na Uci da Mariña e outros sete en unidades de hospitalización

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo segue a manter unha certa estabilidade. Segundo os datos ofrecidos este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) hai 571 positivos documentados, por 563 contabilizados o pasado xoves.

No Hospital da Mariña documentouse a segunda morte a causa da pandemia, a dun varón de 90 anos con patoloxías previas. É a décimo oitava vítima mortal na provincia de Lugo.

O número de ingresados con positivo no centro hospitalario de Burela ascende así a once persoas, catro delas na Unidade de Coidados Intensivos (Uci), unha cifra que se mantén invariable desde o pasado 4 de abril, e sete en planta, un menos có pasado día 9 a causa do pasamento mencionado con anterioridade.

Os outros nove pacientes na Uci con coronavirus están ingresados no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Hai 49 positivos en unidades de hospitalización; sete na Mariña, cinco en Monforte, dez no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA.

No tocante aos casos documentados en domicilio, compútanse no reconto oficial do Sergas 509 persoas, once máis ca onte.

318 MORTES EN GALICIA

A nivel galego, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.631; deles 1.151 son da área da Coruña, 571 da de Lugo, 1.082 da de Ourense, 469 da de Pontevedra, 1.074 da área de Vigo, 963 da de Santiago, e 321 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 149 permanecen en UCI, 766 están en unidades de hospitalización e 4.716 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 997 altas de pacientes e 318 falecementos. O número de PCR realizadas é de 39.432.

ESTABILIDADE NAS RESIDENCIAS MARIÑÁS

Segundo os datos ofrecidos pola Xunta de Galicia, o número de positivos en residencias mantense estable. No tocante aos maiores afectados, hai cinco no xeriátrico de Foz, tres en Betania (Viveiro) e dous en Mirador del Eo (Ribadeo).

Respecto dos traballadores, dúas obreiras do centro de maiores de Burela resultaron infectadas, sete en Foz e un na residencia San Rafael de Mondoñedo.

Nos xeriátricos de Foz e Betania completáronse recentemente probas a todos os usuarios e empregadas, sen máis positivos dos mencionados.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...