A provincia rebasa os cen casos activos de coronavirus

Dos 104 pacientes, catro están ingresados en unidades de hospitalización da área sanitaria

Dous homes pasean polo porto de Burela. EFE/ELISEO TRIGO

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 104, cinco máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este sábado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Dos 104 pacientes, catro están ingresados en centros hospitalarios da área sanitaria de Lugo, todos en planta. O Sergas non concreta en que hospitais son tratados estes pacientes.

Oito mariñeiros do palangreiro Punta do Xuncos deron positivo e permanecen confinados no barco, amarrado no porto de Burela, xunto a outros tres compañeiros, á espera dun segundo resultado das probas. Outros catro tripulantes pasan a corentena nas súas casas.

No tocante ás residencias, semanas atrás documentouse o positivo dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de Xove. Non se localizaron máis contaxios, despois de que a totalidade dos traballadores e dos usuarios do centro de maiores fosen sometidos a probas PCR.

No histórico da provincia danse os seguintes datos:

-29 falecementos, seis deles na comarca da Mariña
-1.250 altas
-Casos totais na provincia ata o día de hoxe (contado altas e falecementos): 1.383

1 COMMENT

  1. Moi peculiar. Cando A Mariña tiña o máximo de casos o xerente do HULA falaba a distancia dos casos da Mariña. Agora que o 80% son no distrito sanitario do HULA nin chio.
    Gran desinformación e peor resultado iso de non ter Area sanitaria na Mariña!!!

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here