Falece na residencia de Cervo unha centenaria que contraera o Covid-19

Deste xeito elévanse a oito as vítimas mortais do brote localizado no xeriátrico de San Cibrao

Un sanitario na residencia de Cervo. EP/CARLOS CASTRO/GC

Unha muller centenaria diagnosticada de coronavirus faleceu nas últimas horas na residencia de San Cibrao, en Cervo. É oitava vítima mortal do brote de Covid-19 localizado no xeriátrico a finais do pasado mes de outubro.

Unha muller de 96 anos, o pasado 15 de novembro; unha muller de 84 anos, o día 9; dúas mulleres, de 89 e 92 anos, os pasados días 6 e 7outra anciá, de 91, o 3 deste mes; e unha dona de 89 anos e un home de 81, o pasado día 1, foron as anteriores vítimas mortais do abrocho.

Trátase da primeira persoa contaxiada que falece no propio centro. Debido á súa avanzada idade e a que padecía patoloxías importantes, a petición dos familiares non se lle trasladou ao Hospital Público da Mariña. Malia ser natural dun concello do sur da provincia, residía desde hai anos no municipio cervense. Cumpriría 101 anos no vindeiro mes de decembro.

Segundo concretan fontes de Mensajeros de la Paz, concesionaria do servizo, son 33 os residentes contaxiados, cinco deles no centro hospitalario de Burela, despois de que se producise unha alta hospitalaria nas últimas 24 horas. Con respecto ao persoal, hai 13 traballadoras infectadas de coronavirus.

O número de positivos nas residencias da provincia aumentou significativamente este xoves, ao localizarse un gromo con alomenos 30 casos en Vilalba. Deste xeito, estes son os positivos documentados:

MAIORES

33 Residencia San Cibrao (Cervo)

8 Vivenda Comunitaria Remaso de Paz (A Fonsagrada)

9 Residencia San Salvador (Guntín)

4 Residencia DomusVi Monforte

2 Residencia de Monforte

30 Residencia Asilo Vilalba

15 Residencia Domusvi Bóveda (discapacidade)

18 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

TRABALLADORES

3 Residencia DomusVi Chantada

13 Residencia San Cibrao (Cervo)

5 Residencia San Salvador (Guntín)

1 Residencia A Veiga (Láncara)
1 Residencia A Milagrosa (Lugo)

1 Residencia Albertia Lugo

2 Residencia de As Gándaras (Lugo)
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)
1 Residencia Meu Fogar (Taboada)

1 Residencia Concello de Trabada

1 Residencia DomusVi Viveiro  

4 Residencia Domusvi Bóveda (discapacidade)
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here