IniciosociedadeA situación epidemiolóxica segue a mellorar en Viveiro, con 213 casos, e...

A situación epidemiolóxica segue a mellorar en Viveiro, con 213 casos, e empeora no Vicedo, con 35 positivos

En Xove documentáronse 77 positivos nos últimos 14 días, por 51 en Burela, 24 en Ribadeo e 22 en Cervo; en Riotorto localizáronse 14 persoas contaxiadas nese mesmo prazo

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 1.798, 67 máis ca onte. Nas últimas 24 horas confirmáronse 91 positivos novos por PCR.

Dos 1.798 casos, 72 permanecían ingresados a última hora da tarde de onte. O Hospital da Mariña atendía 20 pacientes con Covid-19, entre eles un na Uci; o HULA coidaba de 43 doentes positivos, entre eles 14 que requiren de coidados intensivos; o centro hospitalario de Monforte tiña oito contaxiados. Son datos que o Sergas vén de actualizar conforme á evolución nas últimas horas.

No histórico da provincia documéntanse 162 defuncións, 7.501 altas e 9.469 contaxios acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 151.191 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 1.177 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, continúa a mellora sostida en Viveiro, que documenta 213 casos nos últimos 14 días (15 menos ca onte e 54 menos que o pasado día 19). Neste concello aplícanse as máis altas restricións de Galicia. En Xove documentáronse 77 contaxios nese mesmo período (sen variacións).

No Vicedo localizáronse 35 positivos (+9) nas últimas dúas semanas, por 22 en Cervo (+4) e 51 en Burela (-1). En Foz contabilizáronse doce contaxios nese mesmo prazo (sen variacións), por 24 en Ribadeo (+2) e 14 en Riotorto (+1).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...