Iniciosociedade(VÍDEO) Coñece a primeira peza da campaña Xove Emprende en Galego

(VÍDEO) Coñece a primeira peza da campaña Xove Emprende en Galego

Xacio Baño gravou para o Concello un proxecto no que empresarios razoan por que usar o idioma pode ser positivo para os negocios

Publicada o

- Advertisement -

O Concello publicou na rede o primeiro dos vídeos do proxecto Xove Emprende en Galego.

A campaña, gravada polo cineasta xovense Xacio Baño, ten como obxectivo estimular o uso do idioma entre os negocios do comercio local e fomentar que se atenda á clientela en galego como práctica habitual. 

TESTEMUÑA

Na primeira das pezas audiovisuais, o fundador de EMarela Fabián Ben, xestor de redes sociais, indica que “cando expuxen o meu proxecto empresarial dixéronme que o feito de facer a presentación en galego lle restaba credibilidade”.

“Un comercio local que ten 20 clientes de fóra no mes de agosto e o resto do ano xente da casa á que se atende en galego, se decide expresarse na internet en español dá unha imaxe falseada do seu negocio, e iso nótase”, explica.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...