IniciosociedadeLucía Freitas comparte os segredos da mellor cociña en Xove

Lucía Freitas comparte os segredos da mellor cociña en Xove

A chef compostelá, cunha Estrela Michelín para A Tafona, ofreceu un showcooking aberto ao público no pavillón e asesorou á hostalería xovense de cara ao tapeo deste venres

Publicada o

- Advertisement -

A prestixiosa chef Lucía Freitas, que ostenta unha Estrela Michelín para o seu restaurante A Tafona (Santiago de Compostela), animou coa súa presenza a primeira xornada da segunda edición das Xornadas Gastronómicas de Xove.

A cociñeira ofreceu un showcooking no pavillón xovense, onde diante de numeroso público preparou algunhas das súas creacións, explicou parte da súa carreira e expuxo a súa maneira de ver a cociña.

Ademais, Freitas asesorou aos oito establecementos do municipio participantes no tapeo que se celebrará este venres, desde as 20.00 horas. Os locais son Onde Sempre, O Refugio, A Fuga, O Cabaliño do Mar, A Roda, O Pepe e Centro Cívico.

POTENCIAR A OFERTA HOSTALEIRA LOCAL, O OBXECTIVO

A chef compostelá comprobou as receitas preparadas por cada local de hostalería e ofreceu consellos para mellorar o prato, participando tamén na súa elaboración. A intención do Concello e a Aciam, impulsores do evento, é potenciar a oferta hostaleira local con esta iniciativa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...