IniciosociedadeO número de pacientes con coronavirus no hospital baixou de 23 a...

O número de pacientes con coronavirus no hospital baixou de 23 a 10 nunha semana

No centro hospitalario de Burela permanecen catro positivos na Uci e outros seis en planta

Publicada o

- Advertisement -

O número de pacientes con coronavirus no Hospital Público da Mariña segue a minguar. Segundo os datos ofrecidos polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), hai catro pacientes na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) do centro hospitalario de Burela e seis persoas en planta, por once documentados o pasado venres.

O pasado venres produciuse a segunda morte dun doente con coronavirus no Hospital Público da Mariña, a dun varón de 90 anos, con patoloxías previas.

A cantidade de doentes na Uci mantense invariable desde hai unha semana, pero nese mesmo intervalo de tempo o número de persoas ingresadas con positivo confirmado en unidades de hospitalización baixou de 19 a seis.

No tocante á provincia de Lugo, contabilizáronse 21 novos casos, para un total de 592. Deles, 14 pacientes están na Uci, os outros dez no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Un total de 44 doentes permanece en unidades de hospitalización -os seis da Mariña máis cinco en Monforte, once no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA-.

No tocante aos casos en domicilio, documentáronse 534, 25 máis có pasado venres.

347 FALECEMENTOS EN GALICIA

En Galicia, segundo a última actualización da Consellería de Sanidade, o número de casos de coronavirus ascende a 5.747, deles 1.169 son da área da Coruña, 592 da de Lugo, 1.129 da de Ourense, 483 da de Pontevedra, 1.085 da área de Vigo, 963 da de Santiago, e 326 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 143 permanecen en UCI, 716 están en unidades de hospitalización e 4.888 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.082 altas de pacientes e 347 falecementos. O número de PCR realizadas é de 42.122.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...