IniciosociedadeNove doentes con coronavirus fican ingresados en Burela

Nove doentes con coronavirus fican ingresados en Burela

Segundo o cómputo da Xunta, non se confirmaron polo de agora novos positivos nas residencias da bisbarra

Publicada o

- Advertisement -

A presión asistencial por mor do coronavirus no Hospital Público da Mariña continúa estable, segundo precisou a Consellería de Sanidade. O último reconto oficial, con datos da última hora do pasado domingo, documentou catro pacientes con positivo na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) de Burela e outros cinco en planta.

Cabe salientar que nesta estatística oficial non se contabilizan aqueles doentes que están ingresados en Burela con síntomas compatibles cos do coronavirus, pero que agardan polo resultado das probas para confirmar unha posible infección.

O pasado domingo produciuse a terceira morte dunha persoa con coronavirus no Hospital Público da Mariña, a dun maior da residencia Betania de Viveiro, de 87 anos. Anteriormente faleceran un usuario da vivenda comunitaria privada Mirador del Eo, de 83 anos, e un varón de 90 anos.

MESMO NÚMERO DE CASOS NA PROVINCIA CÓ DOMINGO

No tocante aos casos activos na provincia de Lugo, a cifra é idéntica á ofrecida o pasado domingo, con 591 positivos. Hai doce casos na Uci, os outros oito no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Un total de 39 doentes permanecen en unidades de hospitalización, cinco deles na Mariña, catro en Monforte, once no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA.

Finalmente, documentáronse 540 casos en domicilio, un máis ca no día de onte, no que había 539.

369 MORTOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.939, deles 1.252 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.166 da de Ourense, 501 da de Pontevedra, 1.090 da área de Vigo, 1.001 da de Santiago e 338 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 136 permanecen en Uci, 735 están en unidades de hospitalización e 5.068 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.186 altas de pacientes e 369 falecementos. O número de PCR realizadas é de 46.110.

NAS RESIDENCIAS, SEN VARIACIÓNS

Nas residencias da Mariña Lucense, segundo o reconto oficial da Xunta de Galicia ofrecido na mañá deste luns, a situación non varía. En Foz hai documentados once positivos, cinco de maiores e seis de traballadores, trala alta dun obreiro. En Betania hai tres usuarios infectados e unha relixiosa. En Mirador del Eo hai dous residentes afectados.

No xeriátrico de Burela documentáronse dous casos entre o persoal e na residencia San Rafael de Mondoñedo un, estando ambos centros á espera de que se ofrezan os resultados das probas aos empregados e usuarios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...