InicioCulturaDez propostas para a fin de semana na Mariña e Occidente de...

Dez propostas para a fin de semana na Mariña e Occidente de Asturias

Ofrecemos unha decena de propostas culturais e de ocio para venres, sábado e domingo

Publicada o

- Advertisement -

BURELA

O equipo masculino do Pescados Rubén Burela arrincará o sábado a tempada na Segunda División diante dos seus fieis. Recibirá ao Gran Canaria en Vista Alegre, a partir das 18.30 horas.

Matamoros, do Pescados Rubén. AXM

Dentro da programación cultural do Concello, o domingo haberá cine infantil no auditorio municipal, desde as 18.30 horas.

CERVO

A asociación Burgo de Trasbar celebra, os días 15 e 16, unha nova edición da romería de Santa Eufemia. Podes consultar o programa nesta imaxe.

Cartel da romería de Santa Eufemia.

FOZ

A basílica de San Martiño de Mondoñedo acollerá o domingo o concerto de VIVID Resort, un trío de frautistas que interpreta música antiga. Comezará ás 19.00 horas e a entrada será de balde.

Ese mesmo día, desde as 15.00 horas, haberá unha visita guiada á Frouseira. Anotan en actividades@espazossonoros.org.

VEGADEO

O albergue Mar y Montaña ofrece o domingo un vermú musical cunha charla-concerto de Brais Morán, desde as 12.30 horas e cun prezo de 15 euros. Reservan praza no número de teléfono 650.84.31.23.

VIVEIRO

Raquel Queizás continúa os Sábados de Contos que impulsa o Concello de Viveiro. Presentará ‘Romaría‘, un espectáculo artellado sobre as lendas de Galicia. Será desde as 12.00 horas, na biblioteca municipal, con entrada gratuíta.

A Peña Ciclista Lar Viveiro organiza o domingo a trixésimo primeira edición da Xira Cicloturista Concello de Viveiro, con final en San Roque. A saída será ás 9.00 horas, desde a praza maior.

Dentro do programa de Vivemar, que podes consultar ao completo no enlace, seguen abertas -tamén o sábado– as exposicións de artes e aparellos de pesca (biblioteca, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00), de maquetas de embarcacións mariñeiras (conservatorio, de 17.00 a 21.00 horas) e de fotografías relacionadas coa cultura marítima (concello, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00).

XOVE

Xove acolle esta fin de semana o campionato de España de birlos de veteranos (de 58 a 65 anos) e superveteranos (de máis de 65), con participantes chegados de todos os recunchos do Estado. Será na boleira de Sumoas.

Marcelino Rodríguez, do club de Xove. AXM

O sábado, desde as 10.00 horas, será a competición individual. Para o domingo queda a quenda por parellas, que comezará á mesma hora.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...