IniciosociedadeCoñece o programa da Festa da Faba de Lourenzá

Coñece o programa da Festa da Faba de Lourenzá

O showcooking para nenos e adultos a cargo do colectivo de cociñeiros da Mariña será unha das novidades do evento, que se celebrará do 5 ao 7 de outubro

Publicada o

- Advertisement -

A vixésimo oitava edición da Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará dos días 5 ao 7 de outubro, incluirá degustacións, showcooking, actividades infantís, concertos e unha concentración de vehículos clásicos.

A alcaldesa de Lourenzá, a socialista Rocío López, anima a asistir ao evento. “Estou convencida de que quen se achegue vai marchar cun bo sabor de boca”, asegura.

VENRES

A exaltación gastronómica, declarada de Interese Turístico pola Xunta de Galicia, comezará o venres 5 coa inauguración do stand do municipio convidado. Nesta edición será a Rúa de Valdeorras.

Para primeira xornada da festa tamén está prevista a cata de viños, e a actuación de Sons de Varadero, de Foz, e Gaita Escola, de Mondoñedo.

SÁBADO

O sábado, ás 12.00 horas, será o pregón dos festexos, a cargo da xornalista laurentina Marta Docampo.

A continuación, os asistentes poderán desfrutar dunha das novidades do evento, un showcooking a cargo da Asociación de Cociñeiros da Mariña. Grandes e pequenos poderán participar na actividade. Ao seu remate haberá unha degustación popular da Faba de Lourenzá.

A música será a protagonista da tarde e a noite do sábado. Uxía Lambona e A Banda Molona -17.30 horas- fará as delicias dos pequenos, e A Roda ofrecerá un concerto desde as 21.00. Intervalo Show amenizará a verbena desde as 23.00 horas. 

DOMINGO

No tocante ás actividades deportivas, a novena edición da carreira popular Val das Fabas celebrarase o domingo desde as 10.00 horas, co Cantón como punto de partida. Ademais, durante a fin de semana disputaranse partidos de fútbol do Augacons Lourenzá en categoría sénior e cadete.

Programa. AXM

O domingo, para as 18.30 horas, está prevista unha mostra folclórica organizada pola asociación cultural Osorio Gutiérrez e na que participará Tumba e Dalle.

TAPAS

Durante toda a semana, os locais de hostalería elaborarán tapas a partir de receitas con Faba de Lourenzá.

TREN TURÍSTICO

Ademais, quenes queiran coñecer Lourenzá poderán subir ao tren turístico, que atravesará as distintas parroquias para explicar non só a riqueza paisaxística e patrimonial do municipio, senón tamén o proceso produtivo da leguminosa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...